Mac Miller
Malcolm Selma McCormick, máis coñecido polo seu nome artístico Mac Miller, é un rapeiro estadounidense. Naceu o 19 de xaneiro de 1992 en Pittsburgh, Pennsylvania. Miller, tamén é un músico autodidacta, toca o piano, a guitarra e a batería.

Carreira
Mac Miller decidiu centrarse na súa carreira no Hip Hop e deixar de lado os estudos, aínda que non llo tomaba moi seriamente, máis tarde sinalou: "Teño serias verdades acerca diso, e cambiou a miña vida completamente..., eu adoitaba facer deporte, xogaba a todos os deportes, e ía a todas as festas da preparatoria, pero unha vez decateime que o Hip Hop é case como un traballo, e a partir de entón, mo tomei moito máis en serio e non parei dende que cumprín 15 anos.
"Cando comezou a súa carreira tenia o seu alcume Easy Mac, que logo foi cambiado ao actual Mac Miller. Antes da súa carreira en solitario, formou parte do grupo de rap The Ill Spoken co seu colega rapeiro de Pittsburgh, Beedie.
Ao cumprir os 18 anos, asinou con Rostrum Records e lanzou o seu debut mixtape, titulada K.I.D.S. en agosto de 2010. O 29 de marzo de 2011, lanzou un EP chamado On And On And Beyond, que conta con seis cancións e foi producida por Rostrum Records, con quen tamén gravou multitude de vídeos dos seus temas. En 2011 saca un novo EP titulado Best Day Ever. O seu álbum debut de estudo titulado Blue Slide Park foi sacado o 8 de novembro do 2011.



.jpg)


No hay comentarios:
Publicar un comentario